Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove organiza outro ano máis a Semana Branca en Andorra

Fecha: 2018-11-20

Entre o 9 e 15 de marzo unha nova oportunidade de practicar esquí nas pistas de Andorra.

 

Un ano más o Concello do Grove promove a Semana Branca en Andorra. A saída está prevista o 9 de marzo en autobús con regreso o 15 dese mesmo mes. O prezo do paquete é de 540 euros por persoa e inclúe 5 noites de aloxamento en réxime de media pensión, 5 días de forfait “Grandvalira” con acceso a todos os sectores, 10 horas de clases colectivas de esquí ou snow (2 horas ao día) con monitores profesionais da estación, 5 comidas en pista, 5 días de aluguer de material de esquí, 6 días de seguro, 5 días de merenda, 1 día de “Turbing Free” no sector Frau Roig, bufete libre nas comidas e libre acceso ás zonas de relax: piscina climatizada, sauna, jacuzzi e ximnasio.

 

As persoas interesadas en realizar esta viaxe tan só terán que inscribirse na Axencia de Viaxes Vionta, onde poderán consultar todas as dúbidas. As prazas son limitadas, polo que se aconsella realizar a reserva o antes posible.