O Concello do Grove aproba as bases de participación das carrozas de Nadal
Fecha: 2018-11-20
A participación será compensada con 300 euros para as asociacións.
A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove acaba de aprobar as bases de participación na Cabalgata de Nadal deste ano. Nestas establécense as condicións técnicas de participación, ao tempo que se recolle unha compensación de 300 euros para aquelas asociacións que formen parte dela. As bases poderán consultarse na páxina web do Concello e é necesario comunicarlle a intención de participar á organización da Cabalgata de Reis.