Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Festa do Marisco ao vivo a través da Internet

Fecha: 2010-09-28

 

A Festa do Marisco deste ano conta cunha novidade máis: poderá ser contemplada en directo desde calquera parte do planeta grazas a unha cámara web que transmitirá o que está a suceder no recinto feiral.

 

Esta iniciativa, promovida pola Concellería de Turismo, permitirá coñecer a través do portal web www.turismogrove.com o ambiente festeiro do Corgo entre as 12.00 e as 22.00 h de cada día de festa. A cámara web instalarase nun punto elevado do recinto, desde onde proxectará en tempo real, sen gravacións de ningún tipo, unha panorámica das diferentes carpas e do espazo onde se desenvolvan as actuacións folclóricas.