O Concello do Grove organiza obradoiros de Nadal na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Fecha: 2018-12-13
O Concello do Grove pon en marcha obradoiros de Nadal dirixidos á rapazada de 3 a 11 anos. O principal obxectivo é favorecer a conciliación familiar ofrecendo un espazo de diversión para a rapazada durante estas vacacións.
As actividades desenvolveranse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4, e 7 de xaneiro en horario de 9.30 a 13.30 h.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición na biblioteca municipal do Grove entre o 14 e o 20 de decembro. As prazas dispoñibles cubriranse por rigorosa orde de entrada.
Establécese unha tarifa única de 20,00 € por neno/a en concepto de matrícula para a asistencia ao total das xornadas.
Deste xeito o Concello do Grove segue apostando pola conciliación familiar ofrecendo alternativas de ocio durante as vacacións de Nadal.
Más información na biblioteca pública municipal do Grove ou no teléfono 986 732 341.