Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A obra ‘En calma’, do navarro Raúl Gil Rodríguez, gaña o VI Concurso de Pintura Ernesto Goday

Fecha: 2018-12-13

Recibe unha mención especial a obra “Dora, la Canaria”, de Antonio Gutiérrez Rodríguez.

O acto de entrega de premios e inauguración da exposición terá lugar o sábado 22 de decembro, ás 12.00 h, na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

 

O 7 de decembro reuníronse os membros do xurado para ditaminar a obra gañadora do VI Concurso de Pintura Ernesto Goday.

 

Nesta edición o xurado estivo integrado por Rosa Villaronga Goday, sobriña de Ernesto Goday; Jose Ángel Rodríguez López (Gogue) e Miguel Besada Costa.

 

Despois de deliberar, o xurado acordou declarar gañadora da presente edición a obra presentada baixo o título “En calma”, óleo sobre táboa, de 140 x 100 cm.

 

O autor da obra gañadora resultou ser Raúl Gil Rodríguez de San Adrián (Navarra). O xurado quixo destacar a gran calidade das obras presentadas a esta VI Edición do Premio, o que dificultou a selección da obra gañadora. Por ese motivo consideraron que, pola súa calidade, merece unha mención especial a obra finalista “Dora, la Canaria”, un óleo sobre táboa, de 120 x 90 cm, de Antonio Gutiérrez Rodríguez procedente de Ames.

 

O acto oficial de entrega de premios e inauguración da exposición está previsto para o sábado 22 de decembro ás 12.00 h. na Sala das Cunchas da Casa do Concello.