O Servizo de Educación de Persoas Adultas e Maiores inaugura horario matinal de atención ao público
Fecha: 2010-09-28
A partir do vindeiro 5 de outubro, o Servizo de Educación de Persoas Adultas e Maiores comeza un horario matinal de atención ao público. Será os martes e xoves, de 10.00 a 13.00 h, no Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul), situado na rúa Castelao, 133, baixo.
Haberá titorías para o estudantado e asesoramento sobre o retorno educativo para as persoas interesadas en retomar os seus estudos.
Para recibir atención é preferible solicitar unha cita chamando antes ao teléfono 650 776 473, ou ben mandar un correo a educ.adultos@concellodogrove.com.
Lembramos que as clases do curso 2010-2011 para preparar os exames do título de ESO na Escola de Persoas Adultas (aula da escola infantil do Monte da Vila) comezaron o pasado 27 de setembro en horario de 18.00 a 22.00 h, de luns a venres.