O Grove contará cunha pantalla informativa de datos metereolóxicos e calidade do aire
Fecha: 2019-01-22
A pantalla estará instalada ao carón da Oficina de Turismo do Concello, na praza do Corgo.
Portos de Galicia acaba de comunicar a autorización para a colocación dunha pantalla dixital informativa na praza do Corgo. Trátase dunha instalación subvencionada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e consiste nunha pantalla dixital que informará de xeito inmediato sobre a situación meteorolóxica e a calidade do aire no Grove.
Ao igual que noutras localidades, trátase dunha información de interese público que, ademais estará nas proximidades da propia Oficina de Turismo complementando así a información sobre a localidade para os visitantes. Logo de que a autorización fora comunicada, queda pendente a súa instalación a cargo da correspondente dirección xeral.