O Concello do Grove en colaboración con Voufilms organiza unha nova proxección da webserie ‘A partida’ na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey
Fecha: 2019-01-24
O Concello do Grove, en colaboración coa produtora Vouflms, organiza unha nova proxección da webserie A Partida.
A actividade desenvolveranse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey o domingo 27 de xaneiro a partir das 18.00 h, con entrada libre ata completar a capacidade, e proxectaranse todos os capítulos. Asistirá o equipo de dirección da serie e algúns dos seus protagonistas e tamén haberá un photocall á disposición de todas as persoas asistentes.
Esta webserie está dirixida polo meco Lois Basallo e o seu equipo e nela participan varias actrices e actores galegos, ademais de xente voluntaria e artistas locais, como Anxo Meis e Claudia Basallo. Cómpre destacar que xa se realizou unha primeira proxección no mes de decembro, pero, ante a grande expectación creada, programouse un segundo pase para este domingo.
A partida conta a historia de catro homes e dúas mulleres que coinciden nunha partida clandestina de póker na procura dunha oportunidade para refaceren as súas vidas. Utilizando o recurso dos flashbacks irase coñecendo o pasado de todas e todos os protagonistas e entendendo como chegaron a esa situación, o que facilitará a comprensión da trama a medida que se desenvolve o xogo.
A serie mantén a intriga e a tensión desde o minuto un ata o final, polo que desde o Concello queremos convidar a toda a veciñanza a que se achegue ata a casa da cultura o domingo e goce coa proxección.