Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O xoves 14 de febreiro ábrese o prazo para participar no Festival de Comparsas 2019

Fecha: 2019-02-12

 

O prazo de inscrición remata o 25 de febreiro de 2019 ás 14.00 horas

 

O vindeiro xoves 14 de febreiro ás 9.00 h abrirase o prazo para participar no Festival de Comparsas 2019 que se celebrará o sábado 2 de marzo no pavillón municipal dos deportes.

 

Todas as comparsas que queiran participar no concurso teñen que inscribirse no Rexistro do Concello do Grove en horario de 9.00 a 14.00 h, cubrindo para iso a folla de inscrición que lles será facilitada alí mesmo ou que poderán descargar desde a páxina web municipal do Concello ou desde o sitio Facebook 'Entroido do Grove'.

 

O prazo para a presentación de inscricións remata o 25 de febreiro de 2019 ás 14.00 horas.

 

O festival contará coa participación dun máximo de 10 comparsas. No caso de superar esta cantidade, seleccionaranse pola súa orde de inscrición e con prioridade para as comparsas do Grove. Dese xeito, a simple inscrición non garante a participación no festival, participación condicionada, pois, á fin do prazo de inscrición e á confirmación definitiva pola organización do evento. A organización pode permitir a participación de comparsas fóra de concurso se quedan prazas libres e se algunha así o desexa. A orde de actuación destas últimas será decidida xunto coas comparsas o día do sorteo da orde de actuación.

 

BASES>