A Deputación de Pontevedra concede novas axudas ao Grove dentro do Plan Concellos 2019
Fecha: 2019-02-12
Neste caso trátase de axudas da Liña 2 que permitirán contar con recursos para organización de actividades no marco da Festa do Marisco.
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novas axudas ao abeiro do Plan Concellos 2019 para O Grove. Neste caso trátase da Liña 2 do referido plan que pode destinarse a amortización, pagamento de débedas, gastos correntes e actividades e pola que o Concello do Grove solicitou, entre outras, unha axuda para a celebración do Simposio Internacional de Esculturas e para a Regata de Dornas, ambas as actividades enmarcadas dentro da celebración da Festa do Marisco desta edición.
No primeiro caso a Deputación realizará unha achega de 7.561,78 euros dun orzamento de total previsto de 10.000 euros, mentres que para o segundo a axuda chega aos 1.000 euros para un orzamento de 1.484,00 euros.