Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concurso de Fotografía ‘A Muller Traballadora’ acada unha enorme repercusión a nivel nacional

Fecha: 2019-02-25

Cento sesenta e cinco obras presentáronse a esta VIII edición do certame

O xurado xuntarase esta vindeira semana para preseleccionar as fotografías que formarán parte dunha exposición na Sala das Cunchas

 

O Concurso de Fotografía “A Muller Traballadora”, organizado pola Concellería de Igualdade en colaboración co Consello Local de Igualdade, acada un enorme éxito de participación nesta nova edición do premio.

Un total de cento sesenta e cinco obras, procedentes de diferentes lugares da xeografía galega e  española e incluso varios procedentes do veciño Portugal, participan nesta oitava edición do certame, o que supón o dobre de participación que na VII edición e un espectacular incremento con respecto ás anteriores edicións.

O xurado, composto por integrantes do Consello Local de Igualdade e profesionais do mundo da fotografía, reuniranse esta vindeira semana para realizar unha preselección dos mellores traballos presentados, que se imprimirán e formarán parte dunha exposición na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

De entre as obras preseleccionadas e expostas sairán as fotografías premiadas.

Desde o Concello do Grove e o Consello Local de Igualdade queremos amosar a nosa satisfacción e agradecemento pola enorme participación e o interese amosado cara a este concurso.