Cinco empresas participan no concurso para a construción do Auditorio-Escola de Música do Grove
Fecha: 2019-03-25
A resolución da Xunta de Galicia sobre unha reclamación presentada por un construtor no concurso de adxudicación inicial foi de volver a comezar o procedemento.
O pasado 21 de marzo pechouse o prazo de presentación de propostas para participar no concurso de adxudicación da construción do Auditorio-Escola de Música do Grove. Lembramos que o proceso se tiña en xuño do pasado ano, pero unha reclamación presentada por un participante neste fixo preciso que a Xunta de Galicia interviñese para dirimila. A resolución do ente autonómico foi volver a comezar o procedemento.
Nesta nova convocatoria foron cinco as empresas presentadas. Inda que na anterior convocatoria foron sete as empresas presentadas, estas coinciden, xa que dúas delas participan nesta ocasión en forma de UTE. Deste xeito son as mesmas entidades as que concorren a este concurso.
Como na ocasión anterior, serán os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra os encargados de valorar as plicas do concurso. A súa apertura terá lugar hoxe luns ás 13.00 horas na Sala de Xuntas do Concello. Na anterior ocasión a resolución tardou máis de tres meses, prazo que se tentará de acurtar nesta ocasión valorando que a adxudicación poida facerse nun mes e as obras podan comezar este mesmo verán.