O Concello do Grove realiza un novo pago do aparcadoiro de Entrehortas
Fecha: 2019-03-26
O Concello do Grove do Grove aprobou hoxe o pagamento do segundo prazo da compra do terreo de Entrehortas, que a día de hoxe funciona como aparcadoiro vinculado á rúa Castelao. Segundo se informou con anterioridade, a compra deste espazo negociouse en prazos, sendo o primeiro pago de 150.000 euros e os tres seguintes de 75.000 euros. Os dous primeiros pagos foron solicitados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, conseguindo así a primeira fase deste proxecto.
Nas pasadas semanas a Deputación aprobou, dentro do Plan Concellos 2019, a achega de 75.000 euros para o segundo prazo, o que permite facerlle fronte ao segundo pagamento e continuar cumprindo cun plan que xestionou de xeito eficiente a posibilidade de contar cun espazo de tanta importancia para a localidade. Deste xeito, tan só restan dous pagamentos, que serán asumidos nos dous seguintes anos e que poderán ser solicitados nunha segunda fase do Plan Concellos.