O Concello do Grove adxudica as obras de mellora da rede de servizos de Terra de Porto
Fecha: 2019-03-26
A Xunta de Goberno Local celebrada onte luns aprobou a adxudicación desta importante obra.
A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove adxudicou na súa reunión celebrada onte as obras de mellora da rede de servizos de Terra de Porto. Trátase dunha intervención de grande importancia que terá un custo de 59.717,47 euros, que serán financiados polo Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.