O Mercado Municipal do Grove acolle unha nova edición do Programa Desgusta Europa da Deputación de Pontevedra
Fecha: 2019-03-29
A actividade terá lugar o martes 2 de abril entre as 11.00 e as 12.00 horas.
A Deputación de Pontevedra traerá ao Grove a vindeira semana unha das actividades do programa Degusta Europa. Trátase dunha iniciativa que organiza degustacións culinarias en distintos mercados da provincia e que naceu no ano 2016 co motivo do Día de Europa buscando conmemorar os principais valores da Unión Europea. Deste xeito, ademais desta finalidade, Degusta Europa pretende potenciar o local e o autóctono: os mercados municipais e os seus produtos, que deben converterse nun polo de atracción para o turismo. Ao tempo, poderá poñerse en valor o traballo do alumnado das dúas escolas de hostalería máis importantes da provincia: o centro Manuel Antonio, de Vigo, e o Carlos Oroza, de Pontevedra.
Neste contexto, ademais da actividades programadas en Baiona, A Guarda, Vigo, Bueu e Pontevedra, está prevista unha sesión de Degusta Europa no Mercado Municipal do Grove, unha mostra de cociña dos estudantes do CEIP Carlos Oroza. Os alumnos e alumnas deste centro preparan en directo tapas con produtos locais, realizando unha degustación posterior dirixida aos visitantes do mercado e aos turistas que se acheguen ata alí. Na actividade estará presente a presidenta da Deputación, Carmela Silva.