Segunda edición do proxecto Doulas Sororas no Grove
Fecha: 2019-04-15
Despois da primeira e enriquecedora experiencia en 2018, o Centro de Información ás Mulleres do Concello do Grove retoma a Escola de formación Doulas Sororas para o bo trato, a creación de redes e a prevención das violencias machistas.
Este proxecto, nado en Allariz, multiplícase no Grove a través do CIM, desta volta por segunda vez.
Este espazo, destinado a todas as mulleres interesadas e con ganas de mergullarse na sororidade para desentrañar as violencias que nos afectan.
A cita será todos os xoves, das 18.00 ás 20.00 horas, a partir do xoves día 9 de maio e ata o 13 de xuño, na antiga escola infantil do Monte da Vila.
Para realizar a inscrición e/ou aclarar calquera dúbida:
986 730 900