Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove conta cos permisos para a licitación da obra do desdobramento de Beiramar

Fecha: 2019-04-26

 

Esta mesma semana foron recibidos os últimos documentos que permiten iniciar os trámites para a adxudicación e posta en marcha desta obra.

 

Logo de varios meses de traballo, o Concello do Grove acaba de recibir o último dos informes preceptivos para poder sacar a licitación a obra de desdobramento da avenida de Beiramar. Tal e como se vén informando, trátase de que o tramo de Beiramar que transcorre desde a ponte da Illa da Toxa ata a praza do Corgo conte con dobre carril de entrada e de saída, completando así un plan de tráfico que pacifica a circulación e permite crear unha zona centro da localidade destinada ao desfrute dos peóns.

 

Logo de realizar o proxecto preceptivo, neses meses foi necesario obter os permisos sectoriais que afectan esta obra: Costas, Portos, Medio Ambiente... tendo así completado un proceso administrativo bastante amplo. Lembramos, ademais, que esta obra será financiada grazas aos fondos da Deputación da Pontevedra, combinados cos préstamos xestionados polo propio Concello, conseguindo así financiar unha das actuacións máis importantes dos últimos anos.