Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Xunta de Galicia concede unha subvención para o embelecemento do acceso ás Salgadeiras de Moreiras

Fecha: 2019-04-30

 

A Xunta achegaría o 65% do custo da actuación, que supón contar cunha zona de abrigo na entrada ao Museo.

 

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia acaba de comunicar a concesión dunha axuda dentro do programa de subvencións a entidades locais para o apoio aos investimentos e actuacións de mellora das infraestruturas turísticas. O Concello do Grove tiña solicitado esta liña de subvención para poder acometer melloras na contorna do Museo da Salga, un dos puntos turísticos de referencia na localidade. Concretamente, desde o Concello deseñouse unha actuación para realizar unha pasarela de unión entre os aseos e a entrada do Museo, creando unha zona de espera para o acceso á nave principal da Salga.

 

O deseño deste espazo foi realizado respectando a liña do edificio principal e das modificacións posteriores e tamén suporá un avance na mellora da accesibilidade ao espazo. Desde a Xunta de Galicia o proxecto foi valorado positivamente e outorgaron 48 puntos que se traducen no 65% do total do custo, é dicir, 41.400 euros, o que implica que as arcas municipais terán que achegar 26.910 euros. O prazo de execución da obra, unha vez aceptada a subvención, o Concello ten de prazo ata o 20 de outubro para a súa xustificación.