Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove adxudica as obras de construción dos vestiarios da pista de pádel

Fecha: 2019-04-30

 

A obra terá un custo de 47.432 euros e poñeranse en marcha de xeito inmediato.

 

A Xunta de Goberno Local vén de realizar os trámites para a adxudicar a construción dos vestiarios anexos ás pista de pádel. Tras a construción desta infraestrutura e ante a amplísima demanda deste servizo, detectouse a necesidade de que este equipamento contase con vestiarios específicos e non compartidos cos servizos do pavillón. Ambos os servizos, pavillón e pistas de pádel, contan cun uso moi amplo en horarios e cun elevado número de persoas, polo que estas obras resultan moi necesarias.

 

Os vestiarios das pistas de pádel serán construídos na entrada do vestíbulo, diante da pista número 1 e na primeira planta, polo que se accederá pola parte de arriba do pavillón empregando escaleiras ou ascensor e resultarán, polo tanto, totalmente accesibles.