O Concello do Grove adxudica inicialmente as obras de construción do Auditorio-Escola de Música
Fecha: 2019-05-02
A UTE Xestión Ambiental Prace executará o proxecto por 3.3.15.429,67 máis IVE.
A Mesa de contratación reunida onte no Concello do Grove procedeu á aperta dos Sobre C de valoración económica do proxecto do Auditorio-Escola de Música do Grove. Eran cinco as empresas que concorrían neste procedemento e a valoración técnica das propostas presentadas por estas foi realizada pola Deputación de Pontevedra. Deste xeito, debe subliñarse que todas elas aceptaron as melloras propostas no proxecto consistentes no ascensor exterior, o material e mobiliario interior e o equipamentos escénico. A mellor puntuación foi obtida pola UTE Xestión Ambiental Prace (98,35 puntos) cunha oferta de 3.315.429, 67 euros, aos que hai que sumarlles o IVE e demais impostos.
O resultado final é que o custo desta importante infraestrutura se rebaixou uns 300.000 euros sobre a proposta de proxecto inicial. A partir deste trámite ábrese un prazo de dez días para presentar a documentación completa e, se proceder, a adxudicación da obra. En canto se realice esta adxudicación, todos os concorrentes serán notificados e contarán cun prazo de 15 días para posibles reclamacións.