Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove volve a conseguir fondos para a mellora da dotación bibliográfica da Rede de Bibliotecas

Fecha: 2019-05-13

 

O bo funcionamento da Rede de Bibliotecas do Grove volve a ser fundamental para conseguir axudas e subvencións para seguir avanzando no seu desenvolvemento. Desta vez a Xunta de Galicia ten publicada a concesión de axudas para libros correspondentes ao ano 2019, onde a biblioteca do Grove obtivo 2.226,85 euros para a dotación de novidades editoriais en galego e 3.878,26 euros para a mellora das coleccións bibliográficas.

 

Como xa se ten informado en anteriores ocasións, a Rede de Bibliotecas do Grove é unha referencia no relativo a xestión e ao desenvolvemento de programas de dinamización da lectura. De feito, leva varios anos conseguindo premios e mencións por este feito, grazas a un equipo consolidado e a unha clara visión das necesidades do Grove. No que vai de ano xa se teñen xestionado numerosas axudas e subvencións que permitiron mellorar o mobiliario e as coleccións bibliográficas.