Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A ANPA de Rosalía de Castro pon a funcionar o comedor escolar

Fecha: 2019-05-22

 

O Concello do Grove consegue esta infraestrutura cun investimento de máis de 45.000 euros.

 

Tras un grande esforzo de moito tempo e grazas á colaboración entre a ANPA do CEIP Rosalía de Castro, a Xunta de Galicia e o Concello do Grove, onte comezou a dar servizo o comedor escolar deste centro, facendo así que todos os centros educativos do Grove conten xa con este servizo.

 

A construción deste módulo provisional foi posible grazas a un acordo no que o Concello do Grove se fixo cargo de 30.000 euros dos 60.000 nos que estaba orzamentada esta obra. O acordo chegou en agosto de 2018, logo de moitas conversas e negociacións e ante a constatación de que o antigo edificio dos mestres non tiña viabilidade para acoller este servizo. Ademais dos 30.000 euros asumidos polo Concello para a instalación do módulo, o goberno local tamén se fixo cargo da instalación eléctrica e da fontanería, cun custo que rolda os 3.000 euros, de todo o acondicionamento interior como mesados, fregadoiros, lavalouzas, estractor, etc., cun custo de 9.371 euros, e incluso da instalación das mosquiteiras nas fiestras (cun custo de 736 euros) e, por suposto, os elementos de seguridade (extintor e sinalización de emerxencias).

 

Este investimento permite, polo tanto, contar co espazo habilitado e grazas ao traballo da ANPA do centro foi posible poñer o servizo a funcionar antes de que rematase o curso. Desde o Concello do Grove agradecemos o traballo en colaboración que permitiu solucionar esta importante demanda para a nosa vila.