O Concello do Grove clausura o obradoiro de lectura deste curso en Punta Moreiras
Fecha: 2019-06-06
A actividade dará comezo ás 17.30 h. cunha xincana de contos e rematará coa entrega de diplomas
O Concello do Grove clausurará este venres 7 de xuño a actividade extraescolar “Coñecendo e gozando a biblioteca” cunha festa de fin de curso que terá lugar en Punta Moreiras. A iniciativa, que dou comezo na Biblioteca Municipal do Grove en novembro de 2018, estendeuse ata maio de 2019 contado coa participación de 40 nenos e nenas.
Todos e todas os participantes recibirán o seu diploma acreditativo do bo aproveitamento do curso. A actividade dará comezo ás 17.30 horas no Museo da Salga en Punta Moreiras cunha xincana de contos de temática pirata durante o cal a rapazada, caracterizada para a ocasión, deberá pasar unha serie de probas para acadar o mapa do tesouro. A continuación desenvolverase o acto de gradación coa entrega de diplomas aos participantes nestes edición de “Coñecendo e Disfrutando a Biblioteca”.