Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove continúa coa programación cultural de verán

Fecha: 2019-08-20

 

O Concello do Grove continúa coas actividades do programa Verán Cultural.

O martes 20 de agosto terá lugar unha nova sesión de contacontos musical, Fantasía Musical, a cargo de María Faltri, un dos novos nomes de referencia dentro da música infantil galega. A vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco achegará ao Grove un espectáculo dinámico, con interacción co público e onde diferentes personaxes acompañan cada canción. Pop, hip hop, rock and roll ou matices de swing mesturados con textos cheos de fantasía serven para achegar a poesía aos asistentes. O espectáculo, recomendado para grandes e pequenos, desenvolverase na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero a partir das 20.30 h.

O mércores 14 de agosto, como xa vén sendo habitual, será a quenda do Cinema de Verán. A partir das 22.00 h proxectarase na rúa de Santo Antonio Hotel Transylvania 3: unas vacaciones monstruosas, película de animación recomendada para todos os públicos.

O xoves 21 de agosto, a partir das 21.30 h na praza do Corgo, unha nova entrega dos Xoves Musicais a cargo do cuarteto Acuarela.

O venres 27 de agosto a partir das 11.30 h na Axencia de Lectura de San Vicente, obradoiro A cidade violeta, a cargo de Anxo Fariña.

O mesmo venres 27, a partir das 21.00 h, na rúa Castelao e dentro do ciclo Con Voz de Muller, concerto a cargo de Carolina Rubirosa, acompañada por Rafa Otero.

E para rematar a semana, o sábado 24 de agosto, a partir das 21.00 h na praza do Corgo, IX exhibición de baile a cargo de Cantodorxo.