Publicadas as bases do Concurso de Carteis da LVII Festa do Marisco
Fecha: 2019-08-22
O prazo de presentación das propostas remata o día 27 de setembro.
O Concello do Grove anuncia que está aberto o prazo de presentación de orixinais para participar no concurso do cartel da Festa do Marisco de 2020. As bases están dispoñibles na web do Concello. O premio está establecido en 500 euros e os bosquexos poderán se entregados nas oficinas do Concello, na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3, ata as 14.00 horas do venres 27 de setembro de 2019.
O cartel terá unhas medidas de 30x45 cm e deberá incluír o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola con cunca) e as datas nas que terá lugar a seguinte festa (do 1 ao 12 de outubro de 2020), ademais de incluír expresamente o nome de “Festa do Marisco. O Grove” e a edición correspondente.