Oferta de actividades deportivas para a cidadanía
Fecha: 2019-09-11
O Concello do Grove a través da Concellería de Deportes realiza ao longo de todo o ano para todas as persoas interesadas as seguintes actividades deportivas:
- XIMNASIA (MAÑÁ): no pavillón de deportes os martes e os xoves, de 9.00 a 10.00 horas. Prazo de inscrición: todo o ano.
- XIMNASIA (TARDE): no pavillón de deportes os luns e os mércores, de 20.00 a 21.00 horas. Prazo de inscrición: de setembro a xuño (a actividade comeza en outubro e finaliza en xullo). Ficha de inscrición>
- PISCINA: no Hotel Louxo (Illa da Toxa), desde mediados de outubro ata finais de maio, en diferentes horarios. Prazo de inscrición: comeza o 16/09/2019. Ficha de inscrición>
1.ª OPCIÓN: PISCINA (un día)
LUNS: Horario de 9.15 a 10.15 h
MÉRCORES: Horario de 9.15 a 10.15 h
2.ª OPCIÓN: PISCINA (dous días)
LUNS E VENRES: Horario de 9.15 a 10.15 h
MÉRCORES E VENRES: Horario de 9:15 a 10:15 h
- PÁDEL PARA NENOS/AS: no pavillón novo, a partir do mes de outubro. Prazo de inscrición: comeza en setembro no propio pavillón novo, en horario de mañá ou de tarde.