O Concello do Grove acolle a exposición de Artegrove ‘O mar na vida, a vida no mar’
Fecha: 2019-09-18
No marco das actividades desenvolvidas previas á Festa do Marisco inaugurouse a exposición nas salas da Casa do Concello.
Desde o colectivo de artistas locais Artegrove levouse a cabo a posta en marcha da exposición “O mar na vida, a vida no mar”. Será visitable ata o 13 de outubro na planta baixa da Casa do Concello. As obras mostran a forma de ver o mar desde distintas técnicas de debuxo e pintura.
Artegrove forma parte da relación de asociacións culturais do municipio desde hai décadas e entre os seus integrantes están os autores e autoras dos lenzos que podemos admirar nas Salas das Cunchas e das Dornas.
A montaxe e desmontaxe correu a cargo do colectivo, que se achegou para inaugurar a exposición o martes ás 20.00 h.