Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove inicia hoxe luns as obras para lle dar accesibilidade á Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey

Fecha: 2019-09-23

 

Hoxe luns 23 de setembro comezan as obras de habilitación da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey como edificio accesible. As melloras no edificio inclúen varias actuacións co fin de garantir a accesibilidade das instalacións, dotándoas dun ascensor e novas ramplas para acceder ao salón de actos e á biblioteca.

 

O principal obxectivo é garantirlle a toda a poboación dereitos inalienables de todas as persoas que na actualidade non poden exercer, entre eles, o acceso á participación cidadá, á cultura, á formación e á información.

 

Xa que logo, trátase de habilitar estas instalacións para que se poidan utilizar de forma autónoma e cómoda para beneficiar o aproveitamento dun espazo e duns servizos para todas e todos, suprimindo as barreiras que impiden, non só a mobilidade das persoas, senón tamén a súa comunicación e o seu acceso ao coñecemento.

 

Para acometer as melloras será necesario pechar as instalacións ao público desde o hoxe luns 23 de setembro ata mediados de outubro, tempo necesario para habilitar un paso seguro para o persoal do e para a poboación.

 

Durante este tempo poderán utilizar as instalacións da biblioteca na Axencia de Lectura de San Vicente, que permanecerán abertas de luns a venres de 16.30 a 20.30 h e os venres tamén de mañá, de 10.00 a 13.00 h. Alí poderán facer uso dos servizos da Rede de Bibliotecas do Grove e coller en préstamo as últimas novidades, os libros de lectura obrigatoria, literatura infantil, lectura en sala, internet ou facer o carné de biblioteca.

 

Así mesmo, a oficina do Servizo de Normalización Lingüística municipal trasládase mentres duren as obras ao segundo andar da Casa do Concello do Grove.