Os actos do centenario do Anduriña, S. D. comezarán este martes coa inauguración da exposición ‘Anduriña. Cen anos de paixón’
Fecha: 2019-09-27
A Comisión Organizadora dos Actos do Centenario do Histórico Anduriña, S. D. anuncia o acto de inauguración da exposición “Anduriña. Cen anos de paixón”, coa que comezarán os actos de conmemoración do centenario do histórico Anduriña, S. D.
Para este acto inaugural contarase coa presenza do alcalde do Grove, Jose Cacabelos, doutros membros da corporación municipal, dos membros da Comisión Organizadora do Centenario, e tamén de varios representantes de entidades deportivas e culturais da nosa vila.
O acto da inauguración desta exposición terá lugar o vindeiro martes 1 de outubro, ás 20.00 horas, no local situado no número 15 da rúa Pablo Iglesias do Grove.
Os horarios de apertura serán os venres, de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.30 horas; os sábados, de 18.00 a 20. 30 horas, e os domingos, de 12.00 a 14.00 horas. A mostra permanecerá aberta durante todo o mes de outubro e a entrada será de balde.