O Concello do Grove selecciona o cartel que anunciará a Festa do Marisco 2020
Fecha: 2019-10-03
Ao concurso de carteis da Festa do Marisco presentáronse nesta edición 22 propostas.
O Concello do Grove seleccionou, finalizado o prazo de presentación do concurso, o cartel da Festa do Marisco de 2020.
A gañadora foi Isabel Núñez, de Salcedo (Pontevedra), coa súa proposta “Origami mariñeiro”. Esta deseñadora proclámase vencedora deste concurso por terceira vez, posto que xa gañou o concurso de carteis da Festa do Marisco en 2014 e en 2016. Conta con ampla experiencia, posto que no seu currículo figuran tamén primeiros premios en carteis de Redondela, Vigo, Mugardos, Bueu, Meaño, Ponteareas, Cangas, Arbo, Rois, Neda ou A Rúa.
Desde o Concello agradécese a participación neste concurso xa tradicional na Festa do Marisco de cada ano.