A Festa do Marisco arrinca con máis de 4000 racións consumidas
Fecha: 2019-10-05
A Festa do Marisco arrancou volvendo a converter a Praza do Corgo un ano máis no “comedor de Europa”.
Dentro do elenco de produtos do mar que se poden saborear nesta Festa, seguen a manter a súa demanda o polbo con 262 racións, as empanadas con 201, os mexillóns coas variedades de ao vapor, en vinagreta ou tigres con 193 racións, o arroz de marisco con 148 ou as ameixas á mariñeira con 127.
O resultado final de unidades dispensadas durante a primeira xornada de festa, que se inaugurou ás 19.00 h do pasado xoves, foi de 4130. Resultado moi similar ao obtivo na mesma xornada dos anos anteriores: 4205 (en 2018) e 4171 (en 2017). O que demostra que o primeiro día de festa estase a converter nun importante reclamo.
Concertos na Festa do Marisco
Esta afluencia de xente veuse tamén na Carpa de Concertos que iniciou a súa actividade ás 21.30 h do xoves co grupo local Fla-Meco e continuou coa esperada actuación de Los Secretos. A carpa mantivo un cheo total. A estimación de xente coa carpa chea é de 2000 persoas.