Reunión sobre as clases de preparación para o título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos (ESA)
Fecha: 2019-10-21
A Concellería de Educación do Concello do Grove convoca a todas as persoas interesadas na obtención do graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos (ESA) a unha reunión na Sala das Cunchas da Casa do Concello o vindeiro xoves 24 de outubro de 2019 ás 11.00 horas.
Nesta reunión informarase das modalidades ás que poden optar en función da súa situación académica e poderán cubrir alí mesmo a ficha de inscrición.
Quen non poida acudir á mencionada reunión, poderá formalizar igualmente a inscrición nos Servizos Sociais do Concello desde o venres 26 ata o xoves 31 de outubro de 2019.
A previsión é de que as clases comecen o luns 4 de novembro de 2019 na casa da terceira idade. Os horarios e os grupos quedan por establecer.
Para calquera aclaración poden chamar ao teléfono 986 733 801, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.