Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Sala das Dornas e Sala das Cunchas acollerán durante o mes de novembro a exposición ‘Coa arte con ADICAM’

Fecha: 2019-11-12

 

As salas de exposición da Casa do Concello do Grove acollerán desde o 12 ata o 30 de novembro a exposición “Coa arte con ADICAM” realizada en colaboración co asociación ADICAM. A inauguración será o vindeiro martes 12 de novembro ás 19.30 h.

ADICAM é unha asociación de persoas diagnosticadas con cancro de mama, nacida coa finalidade de prestar un apoio integral as pacientes e as súas familias así como sensibilizar á poboación sobre a enfermidade e os hábitos saudables. Dende hai xa  anos vén organizando un certame de arte co fin de achegar a asociación  de pacientes a arte e a cultura, e non quedar simplemente no eido sanitario e social.

As obras premiados nese certame xunto con distintas doazóns e regalos forman parte da exposición ”Coa arte en ADICAM”. Todas as obras teñen como denominador común a exaltación da figura da muller e a empatía coas persoas diagnosticadas con cancro de mama.

O obxectivo final desta exposición itinerante é, non só abrir a asociación á cultura e ao mundo da pintura; senón á poboación en xeral, para que todo o mundo coñeza a asociación e o traballo diario que fai coas mulleres diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico e as súas familias e, deste xeito, chegar ás mulleres e familias que poidan precisar apoio e asesoramento.