A rúa Castelao acollerá a partir do 17 de decembro a exposición ‘Ilustrando. As historias do noso día a día’
Fecha: 2019-12-16
A rúa Castelao acollerá a partir de mañá martes 17 de decembro e ata principios de xaneiro a exposición do Faro de Vigo “Ilustrando. As historias do noso día a día”, con viñetas de Gogue e Luis Davila.
A exposición consta de 13 cubos que recollen algunhas das mellores viñetas dos debuxantes Gogue e Luis Davila.
O acto de inauguración desta exposición terá lugar o martes 17 de decembro ás 19.00 h na rúa Castelao e contará coa animación dos cabezudos Floreano e Monchiña, a cargo da asociación Paradanda-Mecos, e da Tropa de Moncha a Caralla. Así mesmo, instalarase unha pantalla no centro da rúa para proxectar algunha curta de animación e outras sorpresas.
Desde o concello do Grove animamos a todas as veciñas e veciños a que nos acompañen neste acto.