Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Cursos intensivos de lingua galega no Grove preparatorios para as probas Celga 2020

Fecha: 2020-01-16

 

As clases comezarán o luns 10 de febreiro.

 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove, dependente da Concellería Cultura, vai poñer en marcha uns cursos de galego gratuítos para persoas adultas co fin de preparar o alumnado para as probas Celga deste ano.

 

A matrícula xa está aberta e pódese inscribir nesta actividade calquera persoa maior de 16 anos (ou que os cumpra en 2020) que desexe adquirir ou mellorar os seus coñecementos sobre o noso idioma.

 

Os cursos, de 50 horas lectivas, teñen unha perspectiva de interculturalidade e diversidade, polo que poderán asistir persoas galegas e estranxeiras. Así pois, os seus contidos estarán dirixidos tanto a quen teña como obxectivo obter formación para presentarse aos Certificados en lingua galega (Celga), como a quen queira simplemente iniciar ou mellorar os seus coñecementos sobre a lingua propia de Galicia.

 

O prazo de inscrición nestes cursos remata o vindeiro 7 de febreiro (incluído) e as clases comezarán o luns 10 dese mesmo mes, en horario de mañá ou de tarde, segundo sexa a maior demanda do alumnado.

 

Como en anos anteriores, as clases vanse impartir polo persoal do SNL e as prazas están limitadas a un máximo de 20 persoas por grupo.

 

Máis información e inscricións, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove, situado no terceiro andar do edificio administrativo municipal (rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, 3), no teléfono 986 733 190 (de 9.00 a 14.00 h) ou enviando un correo ao enderezo electrónico normalizacionlinguistica@concellodogrove.es.