Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

Obradoiros de emancipación xuvenil nos concellos galegos

EMPREGO E VIVENDA

Organiza: Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa OMIX do Concello do Grove.

Obxectivo: darlle a coñecer á mocidade galega, dunha maneira práctica, as ferramentas necesarias e os recursos dos que dispón a Administración para facilitar a súa emancipación.

Destinatarias/os: mozas e mozos menores de 30 anos, animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros de xuventude, asociacións xuvenís e, en xeral, todos aqueles colectivos interesados na xuventude, na vivenda e no emprego.

Duración do obradoiro: 3 horas, para impartir entre os meses de novembro e decembro

Grupo máximo de participantes: 15 persoas

Forma de solicitude: quen estea interesado deberá enviar a solicitude vía web a través do formulario que se atopa na web www.xuventude.net

 Descargar Formulario de Solicitude

Prazo de solicitude: ata o 31 de outubro

Máis información: OMIX Concello do Grove. Rúa Castelao, 173. Teléfono: 986 730 609 Mail: omix@concellodogrove.com

PROGRAMA:

Emprego

Perspectivas actuais en materia de emprego

O currículo vitae

Deseño e presentación do C.V.

Carta de presentación

Emprego autónomo

Constitución

Axudas e subvencións

Sociedades mercantís

Axudas e subvencións

Financiación allea

Emprego no exterior

Vivenda

Compra de vivenda

Aluguer de vivenda

Bolsa de aluguer

Renda Básica de Emancipación

Onde atopar a información?

Información administrativa

Oficinas de información xuvenil

Concellos


Todas as novas