AVISO: Manifestación SOS Sanidade
Fecha: 2020-01-30
As persoas interesadas en acudir á manifestación de SOS Sanidade Pública do día 9 de febreiro de 2020 nos autobuses que fretará o Concello do Grove deberán estar ás 10.00 horas na estación de autobuses. Cómpre inscribirse:
- presencialmente, nas oficinas do Rexistro municipal (edificio administrativo, baixo) os días 30 e 31 de xaneiro
- presencial ou telefonicamente, nas oficinas da OMIX (Casa do Concello, 2º andar) do luns 3 ata as 12.00 h do xoves 6 de febreiro. Tel.: 986 730 609