Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove decreta dous días de loito oficial polo falecemento do mariñeiro do Tucán II

Fecha: 2020-02-09

 

O Concello do Grove, por decisión unánime de todos os grupos políticos da corporación municipal, acordou dedicar dous días de loito oficial polo falecemento do mariñeiro desta localidade no tráxico accidente ocorrido a mañá de hoxe no pesqueiro meco Tucán II mentres navegaba entre as illas de Ons e Sálvora. Durante estas dúas xornadas as bandeiras institucionais da Casa do Concello ondearán a media hasta en sinal de dó.

 

Todos os membros da corporación queren transmitirlle o seu máis sentido pésame á familia do finado por tan dolorosa perda e enviarlle un afectuoso abrazo, así como trasladarlle unha sincera mensaxe de ánimo e desexarlle unha pronta recuperación ao tripulante ferido.