Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove facilitará o traslado a Verín para acudir á marcha feminista

Fecha: 2020-02-24

 

O vindeiro domingo 1 de marzo o Concello do Grove, por petición do Consello Local de Igualdade, porá un autobús para acudir a unha gran concentración feminista en Verín, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres.

 

Decenas de colectivos feministas de toda Galicia escolleron Verín para levar a cabo unha manifestación unitaria previa ao 8M. A marcha sairá da zona dos institutos de Verín ás 12.00 h, polo que sairemos ás 9.00 h da estación de autobuses do Grove.

 

Para poder viaxar cómpre inscribirse previamente (ata o venres 28 ás 12.00 h) na oficina da OMIX situada no segundo andar da Casa do Concello ou no teléfono 886 214 933.