ÚLTIMA HORA: O PUNTO LIMPO PECHA AO PÚBLICO
Fecha: 2020-03-31
O Concello do Grove informa que a partir do mércores 1 de abril o punto limpo municipal pecha as súas portas ao público, como medida extraordinaria derivada da situación de alerta sanitaria polo COVID-19.
Non obstante, por mor do anterior e entendendo que moita xente está a aproveitar estes días de confinamento para limpar en profundidade os seus fogares, reforzarse a recollida na rúa de trastes, mobles vellos e residuos atípicos, que pasará a realizarse dous días á semana: os mércores e os venres.
Como se facía habitualmente, as persoas que precisen utilizar este servizo de recollida a domicilio deberán chamar con anterioridade ao teléfono da empresa concesionaria: 900 720 190 e depositar os seus residuos voluminosos na porta da casa a noite anterior á súa recollida.