Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO OFRÉCELLE SERVIZO DE REPROGRAFÍA AO ESTUDANTADO LOCAL QUE O NECESITE

Fecha: 2020-04-01

 

Seguindo coa liña de medidas adoptadas para facilitar que as rapazas e os rapaces en idade escolar continúen estes días a súa formación desde a casa, a Concellería de Educación anuncia que desde hoxe lles ofrece un servizo de impresión das tarefas escolares ás familias que o precisen.

 

Igual que para o préstamo de equipamento informático anunciado onte, esta axuda excepcional para impresión e copia de documentos ofrecerase unicamente para fins educativos e só mentres dure o confinamento domiciliario por causa do coronavirus.

 

As familias que queiran acollerse a esta axuda deberán facer a súa solicitude telefonando ou enviándolle un correo electrónico á concelleira de Educación, Pilar Galiñanes (607 540 271 / pilar.galinanes@concellodogrove.es), e xustificar que a súa situación económica e familiar así o requiren. Por calquera destas dúas vías de contacto serán informadas persoalmente do procedemento que deberán seguir.