NOTA INFORMATIVA DA FEMP SOBRE MEDIDAS QUE LLE AFECTAN AO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021 POR MOR DA COVID-19
Fecha: 2020-04-07
A Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) fai pública unha nota informativa na que se explican distintas medidas que se establecen no Real decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para lle facer fronte á COVID-19 e que lle afectan ao Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Entre elas, destacan:
- Novo programa de axudas para minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugamentos de vivenda habitual.
- Substitución do programa de axuda ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual polo novo programa de axuda ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, persoas sen fogar e outras persoas especialmente vulnerables.
- Modificación do programa de fomento do parque de vivenda en alugamento.
Pode consultar esta información premendo na seguinte ligazón:
Preguntas Plan Estatal Vivenda e COVID-19