Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Vive os contos no Corgo

Fecha: 2010-11-05

A actividade Vive os contos consiste nunha representación de monicreques duns 50 minutos de duración, realizada pola prestixiosa compañía Títeres Cachirulo, baseada na historia de El-Rei Artur e a abominable dama, na que o seu protagonista, un monarca algo confuso, ten que resolver un enigma: que é o que máis desexan as mulleres?

 

O que no seu comezo parece unha resposta sinxela convértese nun rompedeiro de cabeza e nun monte de aventuras que o levarán a unha reconsideración do seu pensamento sobre o rol das mulleres no seu contorno.

 

Para nenas e nenos dos 8 aos 9 anos e de todas as idades

 

Esta representación desenvolverase o vindeiro día 12, na carpa das Festas de San Martiño situada na praza do Corgo.

 

Programa

Cartel