Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO DO GROVE CONTRATARÁ 19 PERSOAS PARA OBRAS, SERVIZOS E CULTURA DENTRO DO PLAN CONCELLOS 2020

Fecha: 2020-04-28

 

 

O Concello do Grove contratará persoal para obras e servizos municipais. A Deputación de Pontevedra acaba de resolver a concesión dunha subvención para iniciar a contratación de traballadores e traballadoras en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego.

 

Trátase dunha das liñas de subvención do Plan Concellos 2020, concretamente a liña 3: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

 

A Deputación de Pontevedra achega 179.090,85 €, que posibilitarán a contratación dun total de 19 persoas para realizar obras e servizos de interese social.

 

As prazas que se convocan son de xornada completa e dunha duración de 5 ou 6 meses e os postos son os seguintes: nove peóns/peoas de obras pública, tres peóns/peoas forestais, dous/dúas peóns/peoas de xardinería, un/unha carpinteiro/a, un/unha condutor/a de camión, un/unha auxiliar administrativo/a e dous/dúas auxiliares de Cultura.

 

Os procesos de selección realizaranse a través da Oficina de Emprego de Cambados.

 

As persoas interesadas deben inscribirse en algunha das seguintes ocupacións:

 

POSTOS DE TRABALLO

OCUPACIÓN

XORNADA

DURACIÓN CONTRATO

9 peóns de obras públicas

peón de obras públicas

completa

6 meses

3 peóns forestais

peón forestal

completa

6 meses

2 peóns de xardinería

xardineiro en xeral

completa

6 meses

1 auxiliar administrativo

empregado administrativo en xeral.

completa

6 meses

1 carpinteiro

carpinteiro en xeral

completa

6 meses

1 condutor de camión con CAP

condutor de camión en xeral

completa

5 meses

2 auxiliares de cultura

Axudantes de museo

completa

5 meses

 

Requisitos específicos prioritarios para cada ocupación:

 

Auxiliar administrativo

Prioritariamente Título de formación profesional de CM Xestión Administrativa ou CS Administración e Finanzas

Peón de obras públicas

Carné de conducir B.

Peón forestal

Prioritariamente Formación en prevención de riscos a nivel forestal ou formación en CM Aproveitamento e Conservación Medio Rural ou Certificado de Profesionalidade de Instalación e Mantemento de Zonas Verdes

Peón xardinería

Carné de conducir B

Prioritariamente Título de formación profesional en CM Xardinería e Floración ou Certificado de Profesionalidade de Instalación e Mantemento de Zonas Verdes

Carpinteiro

Carné de conducir B

Condutor

Carné de conducir C e CAP en vigor

Auxiliar de Cultura

Prioritariamente Título de formación profesional vinculada co posto, Animación Sociocultural e Turística