Amplíase o prazo de inscrición para o Curso de Monitores/as de Tempo Libre
Fecha: 2010-11-10
A Concellería de Xuventude do Concello do Grove organiza un Curso de Monitores/as de Tempo Libre, homologado pola Xunta de Galicia, que capacita para deseñar, programar, poñer en práctica e avaliar actividades de tempo libre e socioculturais orientadas á infancia, xuventude, persoas maiores ou con necesidades especiais. É unha titulación orientada ao traballo en centros socioculturais, asociacións, campamentos, albergues, concellos, colexios (extra-escolares), escolas infantís, empresas turísticas, de lecer e tempo libre, etc.
A duración do curso consta de dúas fases:
- Fase teórico-práctica: é totalmente asistencial e comprende 200 h.
- Fase práctica: que consiste en 12 días, mínimo, de actividade intensiva en campamentos ou similares, ou ben 150 horas de actividade periódicas no concello ou nunha entidade ou asociación que traballe no eido da educación no tempo libre.
O curso impartirao a Escola de Tempo Libre Fesán durante as fins de semana (os sábados de 09:00-14:00 e de 16:00-21:00 e os domingos 09:00-14:00) e durante as vacacións. comezará o 27 de novembro e rematará a segunda semana de febreiro. De todos os xeitos, o horario tamén se pode ver modificado segundo as necesidades dos/as participantes.
Para poder acceder ao curso é necesario cumprir coas seguintes condicións:
1.º Ter máis de 18 anos
2.º Posuír un destes títulos:
- Graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO)
- Graduado escolar ou equivalente (EXB)
- Técnico auxiliar en formación profesional
O prezo do curso é de 250 €. 100 € que se aboarán no momento de formalizar a matrícula e 3 pagamentos mensuais de 50 €.
O prazo para inscribirse no curso está aberto desde o 29 de outubro ata o 19 de novembro, os dous incluídos.
Para máis información e para inscribirse está dispoñible a Oficina Municipal de Información Xuvenil (na Casa Azul) que está aberta de 09:00-15:00 h de luns a venres e o mércores de 16:00-20:00 h. Teléfono: 986 730 609. Mail: omix@concellodogrove.com.
Descargue aquí a ficha de inscrición.