Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

ÉXITO DA PRIMEIRA FORMACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE RECUPERACIÓN DO COMERCIO LOCAL TRAS A COVID-19

Fecha: 2020-05-26

 

 

Os primeiros cursos, centrados en formación en márketing, contaron con notable asistencia.

 

Onte luns tivo lugar a última sesión formativa da primeira fase do Plan estratéxico de recuperación do comercio local. As tres sesións desenvolvidas, que se centraron en contidos sobre márketing en xeral, realizáronse de xeito virtual a través da plataforma Zoom do Concello e contaron cunha media de trinta participantes. As persoas asistentes valoraron moi moi positivamente o curso e incidiron na necesidade de afondar no coñecemento sobre as ferramentas dixitais orientadas á venda.

 

Segundo o plan previsto, nas vindeiras semanas realizaranse novas sesións formativas máis específicas, ademais das relativas ao uso da plataforma de venda que o Concello está creando e que comezará a funcionar dentro dun mes, aproximadamente. De xeito paralelo, xa se está traballando nunha campaña de promoción do comercio local, xunto coa campaña de comunicación que será posta en marcha nos vindeiros días.