Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CONCELLO ABRE O CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE POSTOS VACANTES NO MERCADO MUNICIPAL

Fecha: 2020-05-27

 

Os trámites comezarán o próximo 1 de xuño e contarán cun prazo de 30 días.

 

Logo da paralización dos prazos administrativos derivados do estado de alarma, a reactivación destes, que se fará efectiva o vindeiro 1 de xuño, vai permitir a recuperación de procedementos que permanecían pendentes. Entre estes, atopábase a adxudicación dos postos na praza de abastos que permanecen dispoñibles. Trátase de nove bancadas e tres postos fixos que serán dispostos para a poxa a partir dese mesmo 1 de xuño, para o cal as persoas interesadas contarán con 30 días para presentaren as súas solicitudes. A información detallada do procedemento estará dispoñible na web do Concello a través do “Perfil do contratante”.