O CONCELLO CONVOCA AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO
Fecha: 2020-05-28
As axudas convocadas están dirixidas a educación infantil, ensinanza primaria e ensinanza secundaria obrigatoria.
Coa reactivación dos prazos administrativos tras a paralización do estado de alarma, o Concello do Grove pode poñer en marcha os trámites e procedementos habituais. Así, póñense en marcha as axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021. Como xa se tiña establecido en anos anteriores, estas axudas son concecidas en función do nivel de ingresos da familia, sendo requisitos indispensables residir e estar escolarizado no Grove en centros sostidos con fondos públicos. As persoas solicitantes deberán presentar a documentación requirida entre o 1 e o 30 de xuño no Rexistro do Concello do Grove, situado no baixo do edificio administrativo municipal.
Debe lembrarse que para acudir ao Rexistro é preciso solicitar cita previa a través do correo electrónico rexistro@concellodogrove.es ou do teléfono 986 732 858. A información adicional sobre esta convocatoria está dispoñible na web municipal e nas redes sociais.