Convocatoria de probas de competencias para acceder a cursos de formación ocupacional e obradoiros de emprego
Fecha: 2010-11-15
Para poder acceder a determinados cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas é necesario ter unha formación mínima previa de graduado en secundaria, (ver no presente enlace os cursos e a formación mínima de acceso)ou ben superar as probas de competencias claves específicas para o curso que queremos facer, probas convocadas no DOG do 8 de novembro de 2010, polo que é importante ter superadas as ditas probas en caso de non ter a titulación mínima imprescindible.
Aberto prazo de matricula ata o 30 de novembro de 2010
Información: Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul)
Telf.: 986 730 609
