Reciclaxe de roupa
Fecha: 2010-11-16
A Concellería de Limpeza colabora desde hai anos coa ONG Humana (Fundación Pueblo a Pueblo) para a consecución de dous obxectivos fundamentais: a protección do medio ambiente e o financiamento de proxectos de cooperación a través da xestión das doacións da roupa. Deste xeito, o Concello do Grove forma parte dunha rede de colaboradores que suman máis de 700 concellos en toda España e case 500 empresas e entidades privadas que avogan por un modelo de reciclaxe coma o que se está a desenvolver. Toda a veciñanza do noso municipio, grazas a esta ONG, está colaborando a impulsar a formación, a educación, a capacitación e o progreso de varias comunidades en países en vías de desenvolvemento da África subsahariana e Asia.
Nos dous últimos anos recolléronse na nosa vila 41.270 quilos de roupa, o que supón un total de 2.091 euros de aforro, cartos que están sendo destinados á adquisición de elementos que melloren o servizo, coma o camión de limpeza de tres eixes que se acaba de comprar ou o novo baldeador e succionador de beirarrúas que estará en breve polas nosas rúas.